Que
tal! GIROTTO, son UXIA, a rapariga galega que te enviou uma fotografia
hai uns dias, acabo de ver-me na FÁBRICA DE BRINQUEDOS e, como
comprobarás, respondo muito rápido á petición
de debuxos que me fixestes no e-mail. Aproveitei um que tinha do meu pai comendo spaguettis e outro de uma parelha de xigantes. Por certo, ja estou a pedir ás minhas melhores amigas que se fagam da fábrica e, de momento, están a elixir uma fotografia em que saian lindas. Um saudo desde A Corunha, terra de bom futebol. UXIA Xlmpereiro@mundo-r.com |
Amigo
Girotto,
não podo esperar mais para enviar novos desenhos, a minha curmá
LAURA ja está a facer os seus, ela só tem seis anos e
uma irmá muito pequerrechinha que se chama NEREA de dous e como
ainda nao me Um
bico muito grande |
Amigo Girotto: 10/ julho/ 2004 |
Amigo
GIROTTO, levaba moito tempo sen enviar nengun debuxo e iso non podia ser, asi que me dixen, teño que facer dous ou tres novos garabatos con ceras, eis o resultado. Espero que gostes deles. Um beixo de UXIA, rapariga que agora está de férias. UXIA Xlmpereiro@mundo-r.com |
![]() |
![]() |
![]() |
Amigo
GIROTTO, entrei na Fábrica e vin que habia novas amigas, Laura e Isabella, iso está moi ben, estou desexando ver debuxos delas. Eu estes dias observei ao meu pai facendo colaxes e entraron-me ganas de probar e ver o que me saia a min. Envio tres colaxes, son un pouco raros, pero espero que gostes deles. Um abraço de UXIA desde a Galiza. Primeiros de setembro de 2004 UXIA Xlmpereiro@mundo-r.com |
|
Amigo
GIROTTO, darei-lle o abrazo que mandas a todas ás miñas
curmás e de paso recordarei-lles que poden enviar máis
deseños para a Fábrica. Tes que perdoar porque tardei
un chisquiño algo grande en escreber, pero empezou o cole e
agora teño menos tempo para xogar e debuxar. Este fin de
semana vou á casa de Laura e buscaremos un momento para
facer algo lindo coas pinturas.Como adianto mando unha rapariga cíclope,
e para poder mandar-che o orixinal tes que dicir-me o teu enderezo postal.
Por que non me pos un e-mail dicindo-me o teu enderezo de verdade? Encantaria-me
que o colocases nalgunha parede da tua casa e tamén gostaria
moito de que me enviases ese deseño do que falas. Um bico enorme para que chegue atÚ Brasil. UXA, 16-outubro-2004 O luns envio m½is debuxos, palabra! |
|
|
Amigo
GIROTTO, gosto de recibir novas tuas, sobre todo se son boas. Ocorreu-se-me
unha suxeréncia, puxen-lle o nome de XOGO DOS MONSTROS. Para
xogar só hai que apañar bonecos vários pola
casa e despois mesturalos. Eu conseguin un Moscabalo, un Lobifante
e un Cabalopixama, dixen-lle ao meu pai que os escanease, é un
exemplo,
pero pode haber millóns máis sobre todo se mesturamos tamén cousas (unha xirafa cun pescozo de cana de pescar, ou unha miñoca con cabelo de fideos). Un beixo moi grande para que chegue até Brasil UXÍA |
Moscabalo |
Lobifante |
Cabalopixama |